O Viso concluye la II Campaña de recogida de alimentos

La Región

El resultado de la campaña ha sido la recogida de 800 kilos de alimentos, productos de higiene, limpieza y juguetes

“Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso” – COCEDER, valora como “un éxito” o transcurso da  segunda edición da campaña “Contribuíndo ó local, contribúes contigo”.

O resultado da campaña mídeno os 800 quilos de alimentos, produtos de hixiene, limpeza e xoguetes recollidos. Os carros da compra enchéronse de legumes, leite,  conservas, deterxentes, compresas, papel hixiénico, xabón…

Esta actuación enmárcase no “Programa de Atención Urxente a persoas en risco ou exclusión social”, que está subvencionado polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.

O reparto das doazóns realizarase hoxe, 22 de decembro, ás 11,00 horas, na Praza de Abastos de Xinzo de Limia. Dende a organización advirten que só poderán retirar produtos aquelas persoas en situación de exclusión social que fosen valoradas previamente polo organismo.  Dito proceso levarase a cabo nas dependencias que a institución posúe na Praza Maior de Xinzo.

Dende O Viso agradécenlles aos supermercados participantes e aos seus empregados, ás entidades que colaboraron, á parroquia de Santa María de Couso, ás voluntarias e voluntarios”.Así mesmo, a asociación de Lodoselo congratúlase unha vez máis de que a sociedade da Limia se mova cando se trata de “causas sociais”.

22

Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on LinkedInEmail this to someone

No hay comentarios aún.

Dejar un comentario

Introduce tu nombre de usuario y contraseña
descubrirás nuevos apartados para usuarios registrados y podrás gestionar contenido de la página web